xoves, 12 de xuño de 2025

Formulario online para o curso 2025-2026

Bos dias!

    Este ano temos como novidade un formulario online para inscrición de socias e alugueiro de armarios para o curso 2025/2026.

    Tedes toda a información na lapela 'INSCRICIÓN COMO SOCIA - curso 2025-2026'

martes, 27 de maio de 2025

Charla-coloquio para familias

Como promover un uso seguro e saudable da tenoloxía na infancia e na adolescencia

O vindeiro mércores día 4 de xuño, ás 17h, terá lugar unha charla-coloquio para familias a cargo de Antonio Rial Boubeta

Comezamos


Buscamos comezar un novo curso académico con renovados folgos para acadar un sistema educativo público, equitativo, d
efendendo un ensino de calidade acaído ás necesidades dun alumnado diverso e plural, como é o do IES Arcebispo Xelmírez II.

Retomamos este blog como canle de comunicación fluída e eficaz para toda a comunidade educativa, especiamente para as nais e pais do alumnado deste Centro. 

Necesitamos e agardamos a vosa colaboración. Ponte en contacto con nós e súmate, entre todas podemos mellorar a nosa participación!

Renovación da Xunta Directiva da ANPA

Prezadas familias, 

Nos últimos días houbo renovación nos cargos directivos e novas incorporacións. 

Somos as seguintes:  Lurdes Sesto (presidenta), Victoria Rey (secretaria),  Dolores Neira (tesoureira), Aurora Armental, Rocío Candales, Alicia Díaz, María García, Cristina G. Escourido, Eduardo Moscoso, Begoña Nieto e Marisela Simón

A nosa vontade común é crear comunidade educativa pero somos nais de nenas e nenos dos últimos cursos, e vemos a necesidade de sumar a familias dos primeiros cursos (tamén pais!).

Entre as nosas preocupacións e liñas de traballo está a mellora da comunicación entre a propia comunidade da que somos parte, xestións de armarios ou banco de libros, as próximas obras no centro, a movilidade e seguridade no entorno, os horarios do centro (tamén os martes), as actividades complementarias ou a atención ás diversidades educativas.

Algúnha destas cuestións teñen solución a corto prazo e outras a longo prazo, motivo polo que facemos falta todas de todos os cursos.

Próximamente convocaremos reunións para traballar sobre estes temas e convidámovos a incorporarvos.

Somos comunidade Xelmirez II!

Un saúdo cordial,

A xunta directiva da ANPA